martes, 12 de junio de 2012

O Turonia de 6º

Os días 7 e 8 de xuño de 2012 realizamos a saída de 6º.
Participaron os colexios de Tebra, Barrantes e Pedro Caselles,  cun total de 68 alumnos e alumnas, acompañados por 8 mestras/es.
Nesta ocasión comezamos no monte Tetón, no lugar dos petroglifos onde Xosé Lois Vilar nos falou do patrimonio que temos neste lugar, charla que durou ata onde a choiva quixo que durara.
Logo seguimos camiñando cara o Sur pola ladeira do monte, achegándonos a San Salvador.
Alí estivemos no lugar denominado "O Castro",  e logo  baixamos ata a igrexa desta parroquia.
Dende alí atravesamos o val e fomos a Vilameán, lugar onde tomamos o xantar.
Pola tarde visitamos os muiños do Porto, e logo escoitamos a lenda da pedra longa.  Máis tarde viaxamos ata Barrantes, no recinto do pavillón deportivo, e alí nos instalamos para pasar a noite.
Houbo moito baile esa noite!
Pola mañá, logo do almorzo, emprendemos camiño polo val do Pego cara Vilachán; dalí a Estás e Figueiró, onde comemos.
Xa pola tarde, camiño a Goián, para chegar ao embarcadoiro, ao pé do Forte de San Lorenzo, e realizar alí a actividade de iniciación ao piragüismo, da man dos "Teixugos".